A principal vantaxe das conexións móbiles 4G non é a súa velocidade, senón a súa reducida latencia, que fai que este tipo de comunicacións poidan equipararse á das redes fixas, e iso levou a Amena a sorprende ao anunciar que non só vai comezar a ofrecer 4G aos seus clientes actuais de telefonía móbil, senón que tamén estrea o servizo amena.com en casa que consiste nunha tarxeta SIM e nun router 4G-Wi-Fi que cómprase no momento da alta e que facilita unha conexión á Internet de entre 20-50 Mbps cun tope de 10 Gbytes de descarga (tras os que redúcese a velocidade a 128 Kbps) por 25 euros/mes (aos que habería que engadir o IVE, os 99 euros do custo do router e os 3 euros polo envío e a tarxeta SIM).
Deste xeito, Amena ofrece unha alternativa ao ADSL e a fibra óptica para os que queren conectarse á Internet dende o fogar cunha boa velocidade, pero nin precisan dunha liña de teléfono fixo nin fan un uso intensivo da Rede. O servizo non precisa de instalación, carece de compromiso de permanencia (e incluso permiten probalo durante 7 días) e non está limitado a un único domicilio. Esta solución só precisaría dunha zona con cobertura 4G de Amena, que por desgraza aínda é moi limitada, chegando polo momento a áreas de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Bilbao, Valencia, Murcia, Málaga e Sevilla, aínda que esta solución tamén permite acceder á Rede a través de 3G.
Este tipo de solucións poden resultar interesantes incluso para zonas ás que non cheguen tecnoloxías de banda larga fixa (como o rural) ou mesmo para segundas vivendas ou para empregar nas vacacións, polo que non sería de sorprender que fose emulada nos vindeiros meses por boa parte dos operadores móbiles actuais.
Amena propón levar a Rede ao fogar a través de 4G
Compartir Este Artigo
