Ana Garriga é a nova directora da Escola de EnxeñarÃa Informática de Ourense
mércores, 3 de abril do 2013

A Escola
Superior de EnxeñarÃa Informática do Campus de Ourense xa ten
nova directora, trátase de Ana Garriga, profesora titular de
FilosofÃa do Dereito da Universidade de Vigo e experta no impacto
das TIC nos dereitos humanos. Elixida pola Xunta do Centro este
martes 2 de abril, Garriga dirixirá a ESEI durante os vindeiros tres
anos co propósito de dar continuidade á liña de traballo
desenvolvida ata a actualidade e consolidar o alumnado e as
titulacións deste centro. A candidatura -con 34 votos a favor,
tres en contra e dúas abstencións nas votacións celebradas- de Ana
Garriga foi proclamada pola Xunta do Centro que está composta por
todo o profesorado con vinculación permanente e representacións do
persoal docente e investigador sen vinculación, do alumnado e do
persoal de administración e servizos.
Cómpre engadir que o
equipo da nova dirección da ESEI
estará formado case polas mesmas persoas que viñan ocupando a
dirección da escola nos últimos anos: Francisco Javier RodrÃguez
(subdirector de Sistemas e Infraestruturas); MarÃa José Lado
(subdirectora de Organización Académica) e Eva Lorenzo
(subdirectora de Calidade e Adaptación ao EEES). Emporiso, existe un
novo membro, Arturo Méndez, que substitúe a Alma Gómez na
secretarÃa da ESEI.
Ana
Garriga posúe unha variada traxectoria no eido da docencia e da
investigación dentro da Universidade de Vigo. Subliñar que a nova
directora do ESEI é experta no impacto das TIC nos dereitos humanos
e en lexislación sobre protección de datos e sistemas de
información, foi durante varios anos docente no seu Máster en
Software Libre e da materia de Fundamentos
éticos e xurÃdicos das TIC nos
estudos de grao. Na actualidade é directora do Laboratorio da
Sociedade da Información e Dereitos Humanos da Universidade de Vigo.
E engadir que entre os postos de xestión que ten ocupado ao longo da
súa traxectoria profesional están a dirección da Unidade de
Igualdade da Universidade de Vigo e o vicedecanato da Facultade de
Dereito de Ourense.
