Android incorpora a opción de compartir vÃdeo en directo cos servizos de emerxencia
mércores, 10 de decembro do 2025
Google estrea hoxe Emergency Live Video, unha función de Android que permite transmitir imaxes en directo aos servizos de emerxencia cun só toque. O obxectivo é facilitar unha comunicación máis precisa en situacións crÃticas nas que resulta difÃcil explicar o que está a ocorrer, especialmente baixo estrés ou en condicións de perigo.
Subliñan que contar cunha visualización inmediata da situación pode ser decisivo en casos como accidentes de tráfico, crises médicas ou incendios forestais de rápida propagación. Ademais de avaliar o escenario en tempo real, os profesionais de emerxencias poderán ofrecer indicacións paso a paso ata a chegada da axuda, incluÃndo manobras de reanimación cardiopulmonar.
O funcionamento da ferramenta busca ser sinxelo e seguro. Durante unha chamada ou mensaxe de emerxencia, o operador pode solicitar acceso ao vÃdeo se considera útil e seguro. O usuario recibe unha notificación na pantalla e decide se inicia a transmisión. A imaxe envÃase cifrada por defecto e pode interromperse de inmediato en calquera momento.
A nova opción comeza a chegar desde hoxe aos usuarios dos Estados Unidos e de determinadas zonas de Alemaña e México, en teléfonos con Android 8 ou superior e Google Play Services. Google mantén colaboración con organismos de protección civil doutros paÃses para ampliar a súa dispoñibilidade.
As entidades públicas interesadas en incorporar esta tecnoloxÃa poden consultar a documentación especÃfica facilitada pola compañÃa de Mountain View.
