Android supera ao iPhone nos EE.UU.
luns, 10 de maio do 2010
Pese á forza que ten o
iPhone nos EE.UU., ocupando o 21% do sector dos smartphones, un informe do NPD Group destaca que BlackBerry
continúa a liderar este mercado co 36% dos terminais, mentres que os
móbiles de Apple veñen de perder a súa segunda posición por mor do crecemento
de Android (que faise cunha cota do 28%).
Esta tendencia deberÃa manterse pese ao lanzamento dun novo iPhone posto que Android
está presente en móbiles de moitos fabricantes e comercializados por multitude
de operadores (mentres que Apple ten unha comercialización moito máis pechada), de aà que non serÃa de sorprender que incluso chegase a superar a RIM, colocándose á cabeza do sector.
