AnimeBox achega un grande catálogo de anime dobrado
mércores, 22 de marzo do 2023
Esta semana chega
un novo servizo de streaming audiovisual, AnimeBox,
que como ben indica o seu nome está especializado en animación xaponesa (aÃnda
que tamén incluirá algúns contidos de imaxe real) que destaca por ofrecer tanto
material actual como clásico dobrado ao español e, nalgúns casos, incluso en galego
(e outras linguas cooficiais), completando o catálogo co contido adicional que
habitualmente atopamos nas edicións en DVD das series e pelÃculas.
AnimeBox estará dispoñible vÃa web e tamén con aplicacións para iOS e Android,
podendo levarse o contido a televisores a través de Google Chromecast e AirTV.
AÃnda que o forte desta plataforma é o contido dobrado, tamén ofrece en versión
orixinal con subtÃtulos as series cando se estrean no Xapón, sendo este último
contido completamente de balde para calquera usuario. Pero quen queira tirar
realmente proveito de AnimeBox deberá contratar algún dos seus plans de
pagamento: Tomodachi (con acceso ao contido xeral, coa excepción das pelÃculas
premium, e permitindo o acceso dende un único dispositivo á vez por 5,99
euros/mes), Sensei (con acceso a todo o contido en 2 dispositivos simultáneos por
7,99 euros/mes) e Kami-Sama (equivalente ao plan Sensei, pero que pode contratarse
por 79,99 euros/ano, e que custará só 39,99 euros como oferta de lanzamento).
O catálogo de AnimeBox parece bastante completo, con series de Naruto,
Ataque a los Titanes, Guardianes de la Noche, Paranoia Agent, One Piece, Ranma ½,
Slayers, Assassination Classroom, Yuyu Hakusho, Digimon Adventure..., as
pelÃculas de As Bólas Máxicas e My Hero Academia (entre outras) e
filmes clásicos como Perfect Blue e Akira, aÃnda que cómpre
advertir de que parte deste material está dispoñible noutras plataformas de
streaming, polo que AnimeBox non ten os dereitos de explotación en exclusiva,
pero si é a plataforma que contará coa maior cantidade de anime dobrado, polo
que o seu atractivo resulta evidente.
