Anxo Miján abordará seu traballo como deseñador gráfico e modelador 3D nunha conferencia online

xoves, 29 de abril do 2021 Pedro Pérez

O vindeiro luns 3 de maio, o responsábel de Trasancos3D, Anxo Miján, explicará seu traballo e experiencia como deseñador gráfico e modelador 3D nunha conferencia online que levará por título A recuperación 3D do patrimonio histórico galego.
Anxo Miján é coñecido pola súa recreación dixital da catedral románica de Santiago de Compostela no século XIII en SketchUp, unha ferramenta de modelado 3D. Realizou esta reconstrución cunha calidade e perfección que puxo de acordo tanto a historiadores como a profesionais do modelado dixital.
Na súa intervención abordará a súa especialidade e experiencia profesional coa reconstrución histórica de xacementos e elementos arqueolóxicos de todo tipo, polo que levou a cabo recreacións de múltiples monumentos histórico galegos e tamén contribuíu á súa recreación no videoxogo en galego The Waylanders.
A conferencia poderase seguir de forma online o vindeiro luns, 3 de maio, de 9 a 11:00 horas.
A xornada vén da man da Universidade de Salamanca e a Xunta.

PUBLICIDADE