Aparecen imaxes da futura cámara Fujifilm X-E1

venres, 24 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Digicam Info amosou unhas imaxes filtradas do que sería a nova cámara sen espello de Fujifilm, a X-E1, que presentaría unha fermosa aparencia retro, estaría dispoñible en 2 cores (coa parte superior en negro ou en prata) e aceptaría obxectivos itnercambiables. Dá a impresión de que estariamos nunha cámara inspirada na Fujifilm X-Pro1, pero sen visor óptico, o que podería reducir considerablemente o seu prezo. Aínda non se coñecen as especificacións desta cámara, pero resulta interesante ver como a familia de cámaras sen espello con aire retro medra, o que parece atender á demanda dunha serie de usuarios que tamén se preocupan pola aparencia da súa cámara á hora de elixir modelo.

PUBLICIDADE