Appentra pecha unha rolda de financiamento de 400.000 euros
xoves, 2 de novembro do 2017
A empresa tecnolóxica
galega Appentra, nacida da Universidade da Coruña en 2012, pechou
unha rolda de financiamento de 400.000 euros, liderada por tres
organizacións españolas de capital de risco, Caixa Capital Risc, Unirisco e
Xesgalicia. Os novos fondos utilizaranse para acelerar a comercialización das
ferramentas de Parallware, para escalar o equipo e mellorar aínda máis a
tecnoloxía de Parallware.
Appentra proporciona ferramentas de software de alta calidade que permiten un
uso extensivo das técnicas de computación de alto rendemento (HPC) en todas as
áreas de enxeñería, ciencia e industria. Os clientes obxectivo de Appentra son
empresas e organizacións que executan aplicacións informáticas de cómputo
intensivo, con uso frecuente en mercados como o aeroespacial, o automóbil, a
enxeñería civil, a biomedicina ou a química.
Ante esta operación o director executivo de Appentra aseguran que «é un
privilexio ter un grupo de investidores que nos apoian e que cren na nosa
visión e no noso equipo».