Apple Pay chegará a España en 2016
mércores, 28 de outubro do 2015
Apple
leva meses co seu servizo de pagamento baseado no móbil funcionando nos EE.UU.,
pero a expansión internacional de Apple
Pay continúa a ser algo bastante incerto, pero durante a presentación dos resultados
económicos de Apple para o trimestre fiscal que remata o pasado 26 de febreiro
anunciaron que antes de rematar o presente ano o servizo funcionará en Canadá e
Australia coa colaboración de American Express, para cruzar tamén a Singapur e
Hong Kong durante 2016.
Pero este servizo que en xullo tamén comezou a funcionar no Reino Unido, quere
espallarse por toda Europa, e aÃnda que os paÃses nos que xa habÃa plans eran
Alemaña e Francia, finalmente parece que España adiantarase a estes dous
paÃses, de xeito que en
2016 teremos Apple Pay en España, aÃnda que non se detallou a data de
lanzamento.
Esta nova ten bastante relevancia, non porque vaia ter un grande impacto
económico (xa que o iPhone ten unha penetración moi reducida en España) senón
polo efecto tractor que ten Apple no sector tecnolóxico, o que levarÃa a que as
mesmas compañÃas que adopten Apple Pay fagan o mesmo con tecnoloxÃas que tamén
funcionan con NFC (de xeito que empregarÃan os mesmos TPV) como Android Pay e Samsung Pay, polo que a
partires do ano que vén moitos serán os usuarios que á hora de mercar un novo
smartphone comecen a ter en conta se entre as súas especificacións está o NFC,
xa que poderÃa abrirlle unha porta a solucións de pagamento máis cómodas e
áxiles.
