Apple e HTC pechan un acordo de patentes
luns, 12 de novembro do 2012

- FotografÃa de Beau Giles
A pasada fin de semana unha nova sorprendeu a boa parte do
sector TIC global, pois Apple e HTC anunciaron un acordo mundial sobre patentes
que enterrarÃa
a machada de guerra entre os 2 fabricantes durante 10 anos. AÃnda que os
detalles do acordo non se fixeron públicos, coméntase que HTC
aceptarÃa pagar a Apple entre 6 e 8 dólares por cada móbil con Android vendido,
o que poderÃa sumar entre 180 e 280 millóns de dólares ao ano, pero de facermos
memoria non deberÃa sorprendernos (pois actualmente HTC xa paga 5 dólares por smartphone
a Microsoft).
O acordo poderÃa servir para que HTC marcase a diferenza fronte a outros fabricantes
de móbiles con Android (empregando elementos dos que teñen que prescindir para
non infrinxir as patentes de Apple) aÃnda que tamén poderÃa servir para que
outras compañÃas pechasen acordos semellantes nos vindeiros meses.
