Apple estarÃa a empregar IA xenerativa no seu servizo de soporte
venres, 23 de febreiro do 2024
Dende MacRumors están a dar conta de que Apple lanzou recentemente un programa piloto que ofrece a algúns dos traballadores do servizo de soporte de AppleCare o acceso a unha nova ferramenta chamada Ask que pode xerar automaticamente respostas a preguntas técnicas que reciben dos clientes. Os traballadores poden logo transmitir a información aos clientes en chats en liña ou por teléfono.
Ask responde automaticamente a unha consulta con información relevante da base de coñecemento interna da Apple, e os traballadores do servizo de atención ao cliente poden cualificar unha resposta como útil ou non útil. Os traballadores poden facer até cinco preguntas de seguimento por tema. Apple dixo que planea facer a ferramenta dispoñible para máis traballadores no futuro, despois de recoller comentarios.
Esta iniciativa interna de Apple resulta especialmente relevante xa que leva tempo comentándose que a vindeira grande versión de iOS integrará prestacións de IA xenerativa, e Ask poderÃa ser un adianto das posibilidades que poderÃa ofrecer Siri.
ConfÃase en que na vindeira edición da WWDC dean detalles das funcións de IA que integrarán os dispositivos de Apple este mesmo ano, reaccionando por fin a unha tendencia do mercado que ameazaba con deixar á compañÃa de Cupertino fóra de xogo.