Apple lembra que o arroz non é a solución para secar o interior dos móbiles
luns, 19 de febreiro do 2024
No mundo da electrónica de consumo existen moitos mitos, sendo un dos máis estendidos que cando se nos molla un teléfono podemos salvalo introducÃndoo en arroz, pese a que dende os servizos técnicos no paran de dicir que iso fai máis mal que ben, e a cousa chegou a tal nivel que até Apple ten que advertir sobre tal mala práctica.
Na axuda do iPhone dan conta do sistema que alerta no caso de detectar lÃquido no conector de carga, o que bloqueará o uso do porto afectado para evitar danos no dispositivo.
Dende Apple dan algúns consellos sobre como secar o iPhone, aproveitando a ocasión para dar conta de 3 cousas que debemos evitar: secar o móbil cunha fonte de calor externa (ou con aire comprimido), inserir obxectos estraños, ou somerxer o iPhone nunha bolsa de arroz (matizando que as pequenas partÃculas de arroz poden danar o móbil).
En calquera caso o máis recomendable ante este tipo de problemas é recorrer a un servizo técnico, onde teñen recursos para secar axeitadamente o interior do dispositivo e evitar danos irreparables.