Apple vende gráficas externas para os novos MacBook Pro

xoves, 12 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Unha das novidades máis interesantes dos novos MacBook Pro non está precisamente dentro dos propios equipos, senón que é un accesorio que pode adquirirse por separada, unha gráfica externa (eGPU) de Blackmagic Design que custa 695 euros e permite engadir aos últimos portátiles de Apple unha gráfica Radio Pro 580 con 8 GB de memoria GDDR5, 2 portos Thunderbolt 3, 4 portos USB 3 e un porto HDMI 2.0 (ou sexa, que pode aproveitarse para mellorar a conectividade física do equipo), contando tamén este produto unha toma de corrente de 85 watts para poder cargar directamente o MacBook Pro.
Este tipo de solución resulta moi interesante para usuarios de portátiles de Apple que, unha vez sentados no escritorio, vaian desenvolver tarefas de grande esixencia gráfica, gozar de experiencias de realidade virtual e videoxogos, cubrindo así as carencias propias da configuración dos Mac (orientados a usos profesionais, e non ao lecer).

Grazas á nova eGPU de Blackmagic pode empregarse un MacBook Pro até para gozar da realidade virtual

PUBLICIDADE