Arquivan a causa contra a tenda coruñesa que vende cartuchos para Nintendo DS
xoves, 5 de maio do 2011
A finais de 2009 a PolicÃa
Nacional interveu nunha tenda de videoxogos coruñesa milleiros de «cartuchos de falsificacións de videoxogos e
dispositivos piratas dunha consola portátil», o que resultaba
sorprendente porque os antecedentes xudiciais indicaban que non habÃa nada
ilegal na actividade do establecemento herculino, o que agora confirman no
Xulgado de Instrución nº 2 de A Coruña, que entende que a
importación e venda de cartuchos para
as consolas de Nintendo non constitúen delito.
O auto xudicial decreta o sobresemento provisorio da causa tras a denuncia de
Nintendo contra a tenda Todo Consolas, establecemento de grande sona, ao que
acusaban de vulnerar os dereitos de propiedade intelectual e industrial da
compañÃa nipona. O xuÃz entende que «as
tarxetas ás que alude o denunciante (..) tamén permiten outras funcións
lexÃtimas tales como o emprego de xogos lexÃtimos doutros paÃses, copias de
seguridade de xogos orixinais, manexo de fotografÃas, escoitar música ou
executar software libre», polo que desbota que constitúan un delito contra
a propiedade intelectual, e suxire a Nintendo que recorra á vÃa civil se quere
dirimir calquera vulneración dos dereitos industriais.
