ArquÃvase definitivamente a causa contra Rojadirecta.com
venres, 7 de maio do 2010
O proceso
xudicial iniciado
hai preto de 3 anos por Audiovisual Sport contra a web galega Rojadirecta.com
chega á súa fin, confirmándose
o arquivo da causa determinado polo Xulgado de Instrución nº 37 de
Madrid o pasado verán, por considerarse que a actividade de Rojadirecta non constitúe
delito.
O denunciante consideraba que Rojadirecta estaba a atentar contra do dereitos
audiovisuais da Liga Española de Fútbol Profesional, ao informar das
posibilidades de visualización dos seus contidos a través da Internet, sen
utilizar as canles tradicionais (de pagamento), pero a páxina web denunciada
non emite nin aloxa ningún contido audiovisual, senón que limÃtase a ser un
Ãndice de retransmisións deportivas a través da Internet, polo que carecerÃa de
responsabilidade algunha ao ser un mero intermediario.
Teriamos asà que o caso de Rojadirecta.com seguirÃa o mesmo rumbo doutras
causas coma a de Indicedonkey e Sharemula, que tamén remataron en arquivo das
causas, aÃnda que non estamos en situación idénticas (non é o mesmo falar de
descargas que de retransmisións en directo).
