
Segundo fixeron saber, no congreso están a participar máis de 200 empresas e 60 relatores, abordando o uso das tecnoloxías libres na Industria 4.0 e nos sectores primarios. Na inauguración do encontro, a directora da AMTEGA (entidade colaboradora do encontro) sinalou que “no actual momento de transformación dixital, o software libre ten demostrado a súa capacidade como solución competitiva no proceso de modernización de diferentes sectores”. Neste sentido, lembrou que “desde 2010 a Xunta colabora cos axentes do software libre galego na elaboración do seu Plan anual para impulsar o uso do software libre en todos os ámbitos da sociedade”. Isto, dixo, traduciuse xa en iniciativas docentes como o proxecto Abalar ou en iniciativas de eAdministración como o nodo de interoperabilidade das administracións públicas galegas (PasaXe), ou o sistema de xestión bibliotecaria.
Pratos fortes
Entre os pratos fortes desta edición de LibreCon, amais dos devanditos (os achegados por IBM e os participantes no Librehack), atópanse as contribucións de Antonio Fernandes, tecnólogo vigués e perito xudicial pola Asociación Nacional de Peritos Xudiciais Informáticos (ANTPJI) e a Asociación Mediterránea de Peritos Informáticos das TIC (ASPERTIC). Recentemente fichou como un dos especialistas da Axencia Europea de Seguridade das Redes e da Información (ENISA), co obxectivo de asesorar á entidade europea en estratexias para frear os cada vez máis frecuentes ciberataques que afectan a organismos públicos e empresas privadas.
Outro dos referentes do programa será a participación de de Nuno Troitiño, programador e apicultor 2.0 que presentará a aplicación Appybee, unha innovación made in Galicia capaz de detectar e controlar pragas que afectan ás colmeas de abellas, como a da avespa velutina (segundo lembra, ata o de agora este sistema xa logrou conter a mortalidade dos enxames e aumentar a súa produción nun 17%).
Arranca en Santiago LibreCon 2017 con 200 empresas e 60 relatores
Compartir Este Artigo

