Arrinca a III edición de Red Innova con máis de 1.000 visitantes
mércores, 15 de xuño do 2011
Chegou o
día. Despois de ter avanzado, ao longo das pasadas semanas, detalles do
progama, dos convidados e mesmo do blogger oficial do evento (poñéndolle os
dentes largos a tódolos blogueiros e blogueiras do noso país que non se poderán
achegar), hoxe comezou a edición máis completa do Red Innova, que traerá a
Madrid a máis dun milleiro de visitantes.
Este
encontro de profesinais e emprendedores do eido dixital de todo o mundo,
concentrará no Circo Price de Madrid ás empresas líderes do mundo virtual, que
cos seus relatorios farán do evento un dos máis relevantes da axenda dos
axentes do sector.
En palabras de Pablo Larguía, fundador e CEO da Red Innova,
“trátase dun MBA de Internet en dous días,
un evento dirixido a todo aquel que pensa que Internet cambiou a súa vida e a
súa maneira de traballar”.
Para esta edición, a terceira, nun esforzo por ir máis lonxe
na súa aposta por crear “a comunidade de
Internet de Iberoamérica”, a organización desenvolveu unha plataforma
online, denominada Networking Red Innova,
que posibilita un maior e mellor coñecemento de todolos participantes do
evento, facilitando o contacto entre emprendedores, investidores,
desenvolvedores, empresas e clientes que asistan.
Máis polo miúdo, esta plataforma permite que os usuarios
exporten o seu perfil de LinkedIn, para non ter que cargalo manualmente, e
tamén incorpora a opción de conectar con Facebook para saber qué amigos asisten
ao evento.
Asemade,
ofrece a posibilidade de enviar mensaxes privadas entre os asistentes e brinda
a oportunidade de participar nun foro aberto para intercambiar ideas sobre o
encontro, os asistentes e os relatores.
Na xornada
de hoxe, que dou comezo ás 9:30 da mañá, interviron, José María Figueres e
Pablo Larguía, da Red Innova; Bob Wollheim de Sixpix Content, cun relatorio
sobre as novas xeracións e o mundo dos negocios ou Umair Haque, de Havas Media
Lab, entre outros.
Pola tarde
intervirán Phil Libin, de Evernote, cun relatorio sobre como triunfar no actual
ecosistema de móbiles e plataformas; Marcos Galperin, de MercadoLibre.com, cun
relatorio sobre tendas online de balde; Barry Schwartz, de SearchEngineLand,
cunha intervención sobre o último en buscas online e Mariano Amartino, de
Hipertextual, que falará sobre Mitos,
realidades e oportunidades do emprendedor de Internet.
O evento tamén contará coa presenza de Rafael Hohr, de The Sunday Times;
Chiqui Esteban, de Lainformacion.com ou Mari Luz Congosto, de UC3M entre outros
prestixiosos xornalistas, que intervirán na mesa redonda Café&Periodismo: novas narrativas en Internet, onde achegarán
as súas experiencias no xornalismo 2.0.
Aos participantes que xa
adiantaba o pograma, foronse sumando nos últimos días outros importantes
speakers, como produtor musical Carlos Jean, que falará sobre o seu proxecto
Plan B; Francesca Helina, responsable de marketing internacional de Twiter; ou
o empresario Martín Varsavsky, fundador entre outras empresas de Jazztel,
Ya.com e FON, que se encargará de ofrecer unha charla de clausuara desta
terceira edición de Red Innova o vindeiro xoves.
