As Apple Vision Pro saen á venda en Reino Unido, Alemaña e Francia
venres, 12 de xullo do 2024
AÃnda que a data de lanzamento das Apple Vision Pro en España segue a ser un misterio, os consumidores que queiran adquirilas no estranxeiro téñeno agora máis doado, xa que hoxe chegan oficialmente a Australia, Canadá, Reino Unido, Alemaña e Francia.
O novo visor de realidade estendida de Apple pode adquirirse a un prezo de 3.999 euros cunha capacidade de almacenamento de 256 GB, mentres que o modelo de 512 GB custa 4.249 euros e o de 1 TB ten un prezo de 4.499 euros. Os usuarios con problemas de visión tamén poden engadir uns acoples graduados fabricados por ZEISS que custan entre 115 e 169 euros.
O seu espallamento por varios paÃses próximos non só facilita a súa compra, senón tamén a súa proba en persoa, xa que nas tendas oficiais de Apple é posible realizar reservas de sesións de demostración dun visor do que é difÃcil facerse unha boa idea se non se proban en persoa.
As Apple Vision Pro, a nivel de hardware, pode lembrar a outros visores de realidade estendida que hai no mercado (como as Meta Quest 3) pero ao carecer de controis fÃsicos e non apostar polos videoxogos supoñen unha proposta diferente, que quere apostar pola produtividade e o consumo multimedia de alta definición, abrindo a porta a unha categorÃa de produtos que aÃnda é unha incógnita a longo prazo, polo difÃcil equilibrio da balanza na que están as aplicación e os visores (é difÃcil tirar proveito dun dispositivo sen aplicacións, e resulta pouco rendible crear aplicacións para un parque de dispositivos reducido).
En calquera caso, agora as Vision Pro están máis próximas dos consumidores españois, e parece bastante probable que o produto vaia comercializarse no noso mercado antes de rematar o ano, á vez que existe o rumor de que para o ano que vén poderÃa chegar unha versión económica do visor que facilite a súa aceptación comercial.