As Apple Vision Pro terÃan vendido moito menos do esperado
luns, 5 de xaneiro do 2026
O Financial Times asegura que Apple reduciu de maneira significativa os esforzos de fabricación e promoción de Apple Vision Pro, un movemento que evidencia as dificultades da compañÃa para converter este dispositivo de computación espacial nun produto de consumo masivo. O axuste prodúcese nun momento de demanda feble, marcado polo elevado prezo, a escaseza de aplicacións especÃficas e problemas de comodidade no uso prolongado.
Segundo datos do grupo de análise de mercado International Data Corporation, o socio industrial chinés de Apple, Luxshare, interrompeu a produción do dispositivo a comezos do pasado ano, despois de que se enviasen arredor de 390.000 unidades durante 2024, coincidindo co lanzamento inicial do produto. Pola súa banda, a firma de intelixencia de mercado Sensor Tower sinala que o gasto en publicidade dixital do Vision Pro caeu máis dun 95 % no que vai de ano en mercados clave como Estados Unidos e Reino Unido.
Estas decisións reflicten unha acollida morna por parte dos consumidores a un dispositivo que estaba chamado a demostrar a capacidade de Apple para abrir novas vÃas de crecemento máis alá do iPhone, que continúa a xerar aproximadamente a metade dos ingresos do grupo. A compañÃa de Cupertino non fixo públicos os datos de vendas do Vision Pro, cuxo prezo de partida é de 3.699 euros, pero IDC estima que no último trimestre de 2025, coincidente coa campaña do Nadal, apenas se terÃan enviado unhas 45.000 unidades adicionais. A cifra contrasta co volume de millóns de iPhones, iPads e MacBooks que Apple vende cada trimestre.
O visor comercialÃzase directamente en 13 paÃses, sen que durante 2025 se producise unha ampliación da despregadura internacional (segue sen estar dispoñible oficialmente en España). Analistas do sector apuntan a que o custo, o formato do produto e a falta de aplicacións nativas de visionOS explican a súa limitada adopción. A isto súmanse crÃticas relacionadas co peso do dispositivo, a incomodidade tras sesións longas de uso e unha autonomÃa considerada insuficiente.
En outubro, Apple presentou unha versión actualizada do Vision Pro equipada cun chip M5 máis potente, unha baterÃa con maior duración e unha nova diadema deseñada para mellorar a ergonomÃa. Esperábase o lanzamento dun modelo máis económico e con especificacións reducidas co obxectivo de atraer un público máis amplo, por non está claro se chegaremos velo este mesmo ano, pois a compañÃa da mazá estarÃa a centrar os seus esforzos no ámbito das lentes a dispositivos como as Meta Ray-Ban.
O mercado global de visores de realidade virtual caeu un 14 % interanual, segundo Counterpoint Research. Preto do 80 % das vendas corresponden aos dispositivos Quest de Meta, que parten dun prezo moito máis baixo (329,99 euros), aÃnda que con prestacións técnicas inferiores.
Outro dos principais atrancos é o ecosistema de software. AÃnda que Apple asegura que existen unhas 3.000 aplicacións deseñadas especificamente para o Vision Pro, unha cifra moi afastada das decenas de miles de apps que chegaron ao iPhone no primeiro ano da App Store en 2008, e destaca especialmente o feito de que non hai aplicacións estrela que sirvan de reclamo.
