As Office Web Apps estreánse con 25 Gb de almacenamento
mércores, 9 de xuño do 2010
As Office Web Apps levan moito tempo
anunciándose, e finalmente
están aquÃ, incorporando unha agradable sorpresa consistente na
posibilidade de almacenar
ata 25 Gb de documentos apoiándose no servizo SkyDrive.
A combinación entre Office 2010, SkyDrive e Office Web Apps preséntase asà coma
unha solución de produtitividade que permite unha excelente experiencia de uso
no PC, no móbil e no navegador web.
Polo momento Office Live xa ofrece a
posibilidade de editar e visualizar documentos de Word, PowerPoint, Excel e
OneNet dende un navegador web, agradecéndose especialmente que permitan a
posibilidade de corrixir a ortografÃa en galego (detalle no que Microsoft
parece está a ser pioneira). Amais, a versión web destas ferramentas ofimáticas
non funciona só baixo Internet Explorer, senón que é posible incluso dende
Linux e móbil.

- As Office Web Apps integran corrección ortográfica en galego
