As ciberfamosas convértense en todo un fenómeno en China
martes, 26 de decembro do 2006

- Furong Jiejie converteuse nun referente na Internet chinesa
Tras
suspender o seu exame de ingreso da Universidade de Tsinghua (en China) unha
moza decidiu levar unha vida universitaria virtual, participando en foros
estudantís con comentarios rechamantes e fotografías provocativas, facéndose
chamar Furong Jiejie (ou Irmá Hibiscus/Loto)
que lle deron moita sona, aínda que non sempre positiva (foi elixida nunha
votación como a chinesa máis desagradable do ano) e podería ser a
primeira ciberfamosa chinesa, que
incluso se traduciu no mundo real en contratos con empresas do mundo do cine.
Pero o polémico caso de Furong non é o único neste panorama virtual chinés, senón
que outras mozas como Bai Luming,
estudante de Artes Escénicas de 19 anos, tamén están a atraer moitas miradas na
Rede.

- Bai Luming, de 19 anos, é unha das ciberestrelas chinesas
Bai faise chamar Guoxue Spice Girl, e
defínese como unha sedutora que “podería
incluso atraer a Confucio”. Tamén asegura ser a 53ª descendente do poeta
Bai Juyi, da dinastía Tang (detalle desmentido oficialmente).
Tras estas dúas mozas chegan agora toda unha xeración de aspirantes a ciberestrelas que buscan a sona na
Internet no que algúns consideran que se trata dunha tendencia
narcisista que en España nos pode lembrar ó fenómeno da fama xerada por
certos programas de televisión que moitos non dubidan en chamar lixo.
