As claves para financiar os nosos proxectos con fondos Next Generation centran unha nova xornada de NOVATFE
mércores, 15 de decembro do 2021
Este
venres 17 de decembro vaise celebrar en formato streaming unha
xornada sobre Financiamento de proxectos e fondos Next Generation.
Trataranse diferentes aspectos que temos que ter en conta para acadar
o meirande respaldo ás nosas iniciativas de innovación en materia
de investimento, poñendo o foco nos novos fondos europeos ao servizo
do transformador e da sustentabilidade. A
inscrición á xornada, abeirada ao proxecto Interreg Poctep NOVATFE
e organizada pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta,
pode formalizarse en liña.
A
actividade desenvolverase como dixemos en formato online, a
través de Zoom en horario de 11.00 a 14.00 horas, e será impartida
por persoal da empresa Eur-Funding. Contarase, de feito, coa presenza
de Rodrigo Sanz, experto en desenvolvemento de negocio e relacións
institucionais europeas da dita compañÃa.
Segundo
a organización, é unha xornada de gran interese para técnicos de
admininistracións ou entidades locais e tamén para pemes dada a
orientación público privada de moitos dos fondos europeos que están
próximos a convocarse.
O
proxecto
NOVATFE
é un proxecto dirixido ao desenvolvemento de novos modelos de
negocio baseados nas chamadas TecnoloxÃas Facilitadoras Esenciais
(TFE). É unha iniciativa de cooperación transfronteiriza Interreg
POCTEP NOVA TFE, cuxa finalidade é apostar por novos modelos negocio
ao redor destas tecnoloxÃas, especialmente ás vinculadas á
fabricación avanzada (fabricación aditiva, fabrica 4.0) e TIC
(Industria 4.0, Internet das Cousas, Cidades Intelixentes).
O
proxecto NOVATFE persegue achegar ás pequenas e medianas empresas de
áreas non urbanas do espazo de cooperación ás estruturas de
investigación e transferencia existentes (rede especÃfica), apoiar
novos modelos de negocio innovadores e intensivos en tecnoloxÃa
(TFE) a través de estratexias innovadoras (laboratorios de
experimentación e prototipado), e acompañar ás pemes na súa
procura de socios, provedores e financiamento.
O
proxecto ten o impulso da Universidade de Vigo, a Mancomunidade do
Salnés, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia
(Vicepresidencia primeira) e o Municipio de Valença.
