As galegas Aleutos e iForest, premiadas polo sector asturiano da madeira
venres, 12 de xullo do 2019
As
empresas galegas Aleutos e
iForest, con sedes de
seu no Viveiro de Empresas de Lugo e máis na Tecnópole de Ourense,
respectivamente, veñen
de obter importantes recoñecementos ao seu labor de innovación
tecnolóxica no sector forestal. Máis en detalle, iForest
recibiu o segundo premio do concurso
Startup4Wood, que lle foi concedido pola pola súa plataforma de
dixitalización para a industria forestal e da madeira. Aleutos, pola
súa banda, fÃxose co primeiro premio coa aplicación SmartWood para
a xestión de parcelas. O certame desenvolveuse o mes pasado na
feira Asturforesta.
Organizado
pola Asociación Asturiana de Empresarios Forestais da Madeira e o
Moble (ASMADERA) coa colaboración da Cámara de Comercio de Oviedo e
Caixa Rural de Asturias, este torneo de innovación formula cada ano
desafÃos a emprendedores e empresarios para a industria dos
devanditos sectores co obxectivo de desenvolver proxectos, produtos e
servizos destinados a mellorar a produtividade das empresas deste
importante tecido produtivo.
No
que atinxe ao proxecto SmartWood, é unha iniciativa de
investigadores da USC (Campus de Lugo) para achegar unha ferramenta
dixital que nos axuda a saber que facer con terreos forestais que non
están a ser explotados (ou que non teñen o rendemento axeitado). A
ferramenta, que xa está a pleno rendemento en www.smartwood.app,
é unha aplicación de balde e aberta cuxo software permite localizar
as parcelas rurais e a súa optimización, avaliando cal pode ser o
mellor destino das mesmas, os traballos precisos, os cultivos máis
axeitados e, o máis importante, a
quen, como, cando e por canto se poden encargar traballos nelas,
sinalan os responsábeis de Aleutos, engadindo que SmartWood vén
cunha serie de vantaxes extra: é rápida, permite traballar dende
calquera lugar e facelo a través do móbil.
Pola
súa banda, as solucións de negocio ofertadas por iForest céntranse
na posta en marcha de ferramentas tecnolóxicas que permitan ás
empresas mellorar en eficiencia, redeseñar o modelo de negocio e os
servizos dispoñÃbeis e visualizarse no novo mercado dixital. Isto
inclúe un software para a xestión diaria (facturación,
presupostos, albarás, tenda virtual, correo electrónico e axenda de
contactos), o deseño de webs á medida, a optimización en
buscadores, o fornecemento de informes personalizados e maila
difusión de contidos. Ademais, a empresa oferta formación, xestión
de frotas e medición dixital de troncos.