As historias de Instagram ábrense ao comercio electrónico

martes, 12 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Dende o mes de marzo Instagram permite que as tendas españolas etiqueten as súas publicacións integrando ligazóns aos produtos nas súas tendas en liña, facilitando así a utilización como unha ferramenta para o comercio electrónico, e hoxe anuncian un paso máis na mesma dirección: a posibilidade de empregar un adhesivo de cesta da compra nas historias de Instagram para poder empregala para achegar detalles do produto amosado.
Esta posibilidade ábrese a Adidas, Aritzia, Louis Vuitton e outras poucas marcas para que poidan aproveitar tamén como é debido as historias, formato que atrae a atención de máis de 300 millóns de usuarios a diario. En breve esta funcionalidade abrirase a moitas outras tendas que tamén están a aproveitar a forza de Instagram para impulsar as súas vendas.

JPEG - 117.3 KB
As historias de Instagram poden agora canalizar vendas en liña a través dun novo adhesivo

PUBLICIDADE