As historias de Instagram estrean modo retrato
martes, 10 de abril do 2018
Coa chegada das cámaras duais aos móbiles púxose de moda a
función de enfoque selectivo ou desenfoque de fondo, que en todos os casos é un
efecto realizado en base a software, de xeito que non é preciso contar con
dobre cámara para aplicalo, e como proba diso temos que Instagram
está a estrear na súa cámara a función de Focus,
un novo modo de disparo que funciona tanto coa cámara traseira como coa frontal
e que permite enfocar a unha persoa á vez que desenfoca suavemente o fondo.
Este efecto pode empregarse tanto para disparar fotografÃas como para gravar
vÃdeo, e cando o usuario remata pode tamén engadir filtros, adhesivos ou texto
como en calquera outra historia.
A función de Focus está presente ca
nos iPhone SE, 6S, 6S Plus, 7, 7 Plus, 8, 8 Plus e X, asà como nun número
limitado de dispositivos con Android. Para poder gozar da funcionalidade temos
que ter a versión 39.0 ou superior da aplicación de iOS para iOS ou Android.
Outra novidade que estrea Instagram é que agora en iOS será posible facer uso
de adhesivos nos que mencionar a outros usuarios, facilitando asà o conectar con
amigos a través das historias.
