As posibilidades de Microsoft Fabric en analítica de datos centran un curso de Vitae en febreiro

martes, 14 de xaneiro do 2025 S. P.

A consultora galega, referente galego e estatal en formación tecnolóxica avanzada para empresas e profesionais TIC, organizou este mes de febreiro un novo curso centrado en facilitar o cada vez máis complexo (e revolucionario) manexo da información empresarial. Estamos a falar do curso Microsoft Fabric, de 21 horas de duración, que se celebra os días 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de febreiro de 2025, en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
O curso é un convite a descubrir como Microsoft Fabric pode satisfacer as necesidades de análises da nosa organización nunha soa plataforma, reducindo a complexidade da despregadura e a planificación dos custos.
Para quen non o saiba, Microsoft Fabric é unha plataforma de datos e análises integral deseñada para empresas que requiren unha solución unificada. Abrangue o movemento de datos, o procesamento, a inxesta, a transformación, o encamiñamento de eventos en tempo real e a creación de informes. Ofrece un conxunto completo de servizos, como Enxeñaría de Datos, Ciencia de Datos, Análise de Datos en Tempo Real, Data Warehouse, Intelixencia do Negocio e Bases de Datos. Grazas a este curso de Vitae, obteremos información sobre Microsoft Fabric, como funciona e como identificar como e cando utilizalo para as nosas necesidades.
Entre os obxectivos do curso figuran os seguintes:
-Comprender Microsoft Fabric: Aprender que é Microsoft Fabric, os seus compoñentes e que papel xoga dentro da contorna de Power BI.
-Integración de Datos: introducírmonos nas técnicas de integración de datos utilizando Microsoft Fabric, incluíndo ETL e pipelines de Data Factory.
-Almacenamento e análise. Coñecer as características de Onelake e como crear un Lakehouse.
-Ciencia de Datos: utilizar ferramentas de analítica avanzada como Apache Spark e Notebooks para realizar análises avanzadas e ciencia de datos.
-Analítica en tempo real: aplicar solucións de análises de datos en tempo real e optimizar modelos de datos para mellorar o rendemento dos informes.
O curso está dirixido a profesionais de datos: analistas de datos (enxeñeiros de datos e científicos de datos que buscan unha plataforma integrada para xestionar e analizar a información), analistas de negocios (profesionais que necesitan ferramentas avanzadas para a toma de decisións baseadas en datos), desenvolvedores (desenvolvedores interesados en utilizar Microsoft Fabric para crear solucións de datos robustas, adaptábeis e flexíbeis) e consultores de TI (consultores que desexan ampliar o seu coñecemento en plataformas de análises de datos e ofrecer solucións integradas aos seus clientes).
A persoa encargada de impartir estes contidos será Antonio Soto Rodríguez, enxeñeiro en Informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e profesional con máis de dúas décadas de experiencia como consultor técnico experto e certificado, achegando formación na Universidade Microsoft e a empresas e organismos como NASA, NASDAQ, PEMEX, SERGAS, Citroen, CEAGA, Inditex, Ferroplast, Banco Popular, ABANCA, Xunta de Galicia ou Abertis.