As reaccións de Facebook comezan a funcionar a nivel mundial
mércores, 24 de febreiro do 2016
Tras unha fase de probas inicial en España e Irlanda, que
foron espallando progresivamente a outros paÃses, Facebook decidiu que as súas reaccións en forma de emoticonas para
enriquecer os Gústames, dándolles
matices para amosar amor, risa, sorpresa, tristura ou enfado, estaban xa
preparados para todo o mundo, e anuncia que iniciaron o seu espallamento
global, de xeito que a
partires de agora en todo o mundo poderán empregar o novo botón de Gústame ampliado, de xeito que o
número de Gústames xa non indicará só
o interese dos usuarios de Facebook por unha publicación, senón que matizará o
mesmo e incluso evitará os equÃvocos que provoca indicar que gustamos dunha
mala nova.
Estamos ante un profundo cambio dentro de Facebook, ante o que quixeron madurar
ben as opcións que Ãan incluÃr no botón de Gústame
(de feito, eliminouse unha das iniciais) e tras recibir unha boa aceptación da
nova funcionalidade decidiron consolidala, o que poderá afectar ás
publicacións, xa que, aÃnda que nun principio cada unha das reaccións é equivalente a un Gústame, están
a analizar o peso que ten cada unha das reaccións, de xeito que espérase
que co tempo non se considere igual de importante cada unha das opcións
dispoñibles á hora de escoller as informacións que saen na cronoloxÃa dos
usuarios.
Dende Facebook instan aos responsables de páxinas a aproveitar esta nova fonte
de información que axudará a coñecer mellor a acollida que dan os usuarios a
cada contido.
