As tabletas Galaxy Tab S9 incorporan procesadores Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2 e resistencia á auga
mércores, 26 de xullo do 2023
Entre
a gama de produtos que Samsung renovou hoxe está a familia de tabletas Galaxy
Tab S, composta polas Samsung
Galaxy Tab S9, S9+ e S9 Ultra, que contan con pantallas Dynamic AMOLED 2X,
un potente procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2 e, como novidade,
certificación IP68 para a tableta e incluso para o S Pen.
Estas tabletas permiten ao usuario escoller entre un amplo abano de tamaños de
pantalla (11, 12,4 e 14,6 polgadas cunha relación de aspecto 16:10), deixando
claro que son dispositivos enfocados á produtividade (de aà a súa xenerosa
pantalla). Tamén coidan as súas cámaras con 2 cámaras frontais grande angular e
ultra grande angular de 12 MpÃxeles e 2 cámaras traseiras grande angular e
ultra grande angular de 13 e 8 MpÃxeles; e so seus 4 altofalantes AKG tamén
garante unha experiencia sonora excelente.
AÃnda que as tabletas poden adquirirse con até 1 TB de almacenamento interno,
tamén permiten o uso de tarxetas microSD para ampliar a capacidade.
A nivel de software destaca por ser capaz de amosar até 3 aplicacións á vez
mediante a tecnoloxÃa multifiestra, pero lembremos que estes equipos tamén
contan con modo DeX, que simulan a experiencia dun ordenador persoal.
Estas tabletas están xa dispoñibles parra a súa reserva, aÃnda que o lanzamento
oficial está fixado no 11 de agosto, partindo dun prezo de 899 euros para o
Galaxy Tab S9 con conectividade Wi-Fi, 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e
chegando até os 1.909 euros do modelo con 16 GB de RAM e 1 TB de almacenamento
interno, o que dá a entender que estes produtos buscan facer as funcións dunha
tableta e dun ordenador.