Asus S1, un novo proxector portátil de tiro curto
xoves, 30 de xaneiro do 2014- O proxector LED Asus S1 puido verse no pasado CES
Na
pasada edición do CES de Las Vegas Asus amosou o seu S1
Mobile LED Projector, un proxector de vÃdeo de pequenas dimensións (ten un
alto de só 3 céntÃmetros) e alta mente transportable (pesa 342 gramos e inclúe
unha funda) que busca facilitar o traballo dos profesionais que teñan que realizar
presentacións multimedia, incluso en contornos reducidos, pois o Asus S1 pode
xerar unha imaxe cunha diagonal de 41 polgadas a só 1 metro de distancia da
superficie de proxección.
Ao empregar lámpadas LED, o proxector tampouco precisa do tempo de quecemento
de proxectores tradicionais, polo que resulta moito máis áxil para
presentacións profesionais (aÃnda que só ten 200 lúmens). Este proxector DLP
ten unha resolución nativa de 854 x 480 pÃxeles, pode proxectar unha imaxe de
entre 30 e 100 polgadas a distancias de entre 0,73 e 2,43 metros, conta con
entrada HDMI/MHL, toma de auriculares, un porto USB de carga e baterÃa
recargable de 22 W/h (que pode empregarse para funcionar en mobilidade ou para
cargar outros dispositivos a través de USB). Está xa dispoñible
en España a un prezo de 329 euros.
- O novo proxecto conta con HDMI/MHL, polo que incluso facilita o uso de dispositivos móbiles como fonte de vÃdeo