Até 600 estudantes participarán na sexta Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial
venres, 14 de abril do 2023
O
vindeiro venres, 21 de abril de 2023 terá lugar na Escola de
Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo a
sexta edición da Competición de Robots organizada pola propia
Escola. O relanzamento da competición despois do pausa motivada
pola pandemia superou todas as expectativas da organización, segundo
fixeron saber. Asi, inscribíronse en total 106 equipos das catro
provincias galegas na categoría BeRobot e 10 equipos na
categoría DeMORobot, o que fai un total de máis de 600
alumnos que se van a citar na Escola para a competición.
Segundo
informan fontes da escola, o obxectivo fundamental deste concurso é
“achegar a Universidade ao alumnado de Ensino Secundario e
Bacharelato ademais de promocionar as titulacións da Escola de
Enxeñería Industrial e fomentar o interese do alumnado polas
disciplinas STEM, máis especificamente polos estudos de Enxeñería”.
En particular, coa categoría superior, preténdese potenciar a
autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots
autónomos, á vez que estimular, atraer e desenvolver o talento novo
ante os novos retos da industria do futuro.
A
competición divídese como dixemos en dúas categorías: a categoría
BeRobot, dirixida aos alumnos ESO e Bacharelato, e a categoría
DeMORobot dirixida aos estudantes de titulacións superiores e
outros interesados.
Programa
da competición
10.00 – 10.30 Inscrición e quecemento BeRobot
Os
equipos dispoñerán dos tapices de competición para poder realizar
os últimos axustes antes de a competición.
10.45 Inicio competición categoría BeRobot
10.45 – 11.15 Primeira proba: Segue-liña marchoso
Esta
proba realizarase en 9 tapices de forma simultánea.
Cada
equipo competirá no tapiz asignado segundo a categoría.
11.15 – 12.15 Segunda
proba: Velódromo mareante
Esta
proba realizarase en 9 tapices de forma simultánea.
Cada
equipo competirá no tapiz asignado segundo a categoría.
11.30 – 12.00 Inscrición e quecemento DemoRobot
12.00
Inicio Competición categoría DemoRobot
12.00 – 13.45 Probas competición categoría DemoRobot
As
probas desta competición desenvolveranse todas no hall
da Escola
12.30 – 13.45 Finais
por categoría BeRobot (1º 2º ESO, 3º 4º ESO, 1º BACH)
As
finais por categoría en 3 tapices de forma simultánea. Tapiz 1
(alumnos 1º 2º ESO), Tapiz 6 (3º 4º ESO) e Tapiz 7 (1º BACH)
14.00 – 14.30 Entrega
de premios
Terá
lugar no salón de actos da Escola. Entregaranse os premios (1º, 2º e
3o clasificado) nas diferentes categorías (1º 2º ESO, 3º 4º ESO,
1º BACH e DemoRobot) e os premios ao/os robot/s máis
orixinal/es.Campus de Vigo.