Auriculares con alarma de Thanko
xoves, 3 de marzo do 2011
Os xaponeses de
Thanko continúan a estrear produtos orixinais, coma uns
novos auriculares que incorporan reloxo con alarma e que responden ao nome de
EARINALM. Están pensado para a xente que gusta de pór música para durmir,
de xeito que asà poderán espertar á hora
programa pese a ter os auriculares postos. O trebello tamén serve para
consultar a hora e incorpora funcións de calendario e cronómetro.
AÃnda que a mestura de prestacións pareza un tanto ridÃcula, ten unha utilidade
moi clara: poder durmir escoitando música ao viaxar no tren camiño para ir ou
volver do traballo, evitando o problema de saltar a parada de destino por
perder a noción do tempo.
O dispositivo mide 19 x 67 x 10 milÃmetros, pesa 21 gramos, cárgase por USB en
menos de 4 horas conseguindo unha autonomÃa aproximada de 1 mes e o seu prezo
de venda é de 2.980 iens (25,93 euros).
- O EARINALM permite espetar á nosa hora se quedamos durmidos escoitando música