Estación de carga iHome iB969
luns, 19 de xullo do 2010
A acumulación de
trebellos electrónicos coma móbiles, reprodutores multimedia e eReaders no fogar
convértese en todo un problema á hora da súa recarga, pois normalmente veñen
con cadanseu cargador, pero no mercado existen solucións para facilitar o
proceso de recarga, coma o iHome
iB969, que é unha estación de carga que integra un soporte para o iPad e
que serve para recargar distintos dispositivos a través de portos coma os de
Apple así coma por USB, mini USB e micro USB ou mesmo a toma corrente do Sony
Reader.
Esta base de carga inclúe dous portos de Apple (un que permite a sincronización
cun ordenador e outro que só permite a carga de dispositivos) e conexións USB
para cargar multitude de dispositivos grazas a adaptadores a mini USB e micro
USB, así como á mencionada conexión de carga do Sony Reader. O seu fabricante
tamén asegura que é compatible co iPhone e o seu
prezo de venda nos EE.UU. é de 129 dólares (99,74 euros).