Belkin anuncia unha base para usar equipos móbiles no escritorio
mércores, 5 de xuño do 2013
Para
facilitar o uso de equipos móbiles no escritorio dende Belkin está a preparar
unha base para albergar Ultrabooks (ou incluso tablets con Windows 8) dos que,
a partir dun único porto USB 3.0, son capaces de ofrecer conexións para ata 2 monitores
(mediante DisplayPort e DVI-I), teclado e rato, impresora, altofalantes e
micrófono, rede local Gigabit Ethernet e máis dispositivos, permitindo manter o
escritorio de traballo ordenado e listo de traballar con só colocar o noso
equipo neste USB 3.0 Dual Video
Docking Stand for Ultrabooks que vai pórse á venda inicialmente por un
prezo un tanto prohibitivo: 249,99 dólares.
- A nova base de Belkin incluso pode empregarse para ordenadores portátiles de certas dimensións