Belkin estrea base de carga con conector Lightning

luns, 5 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Para poder cargar e sincronizar o iPhone 5 ou o iPod Touch de 5ª xeración (ambos con conector Lightning) Belkin incorpora ao seu catálogo a base de carga ChargeSync Dock, que conectase directamente a un porto USB para conectalo ao ordenador (aínda que tamén pode usarse directamente cun cargador de parede se non queremos gozar da sincronización co ordenador). Polo momento este accesorio só está dispoñible nuns poucos mercados a un prezo de 39,99 dólares nos EE.UU. e de 29,99 libras esterlinas no Reino Unido, o que situaría o seu prezo entre os 30 e os 35 euros ao cambio (pero que se atendemos ao prezo en Alemaña podemos entender que a España chegará a un prezo de 39,99 euros).
Esta base de carga ten un acabado en aluminio pintado, de aí que estea dispoñible en varias cores, o que resulta especialmente interesante no caso do iPod Touch (mentres que para o iPhone o modelo en cor prata parece o máis atinado).


Vídeo de presentación da nova base de carga de Belkin

PUBLICIDADE