Blink XT2, a nova cámara de seguridade sen fÃos para exteriores de Amazon
xoves, 9 de maio do 2019
Amazon mercou a marca de cámaras de seguridade Blink, e
agora anuncian o primeiro modelo que vai estrearse tras tal adquisición, a Blink XT2, unha revisión da
anterior cámara de vixilancia para exteriores, que destaca principalmente por
reducir o seu prezo considerablemente, de xeito que sairá
á venda nos EE.UU. o vindeiro dÃa 22 por 89,99 dólares (99,99 dólares incluÃndo
o módulo de sincronización), aceptándose xa reservas deste interesante produto.
No mercado existen numerosas cámaras de vixilancia sen fÃos, pero este modelo é
especialmente atractivo xa que é capaz de soportar as inclemencias
meteorolóxicas (permitindo a súa instalación en exteriores) e funciona cun par
de baterÃas AA que permitirÃan unha autonomÃa de até 2 anos, o que simplifica
moito a súa instalación e mantemento.
A Blink XT2 conta con audio bidireccional (ou sexa, que serve tanto de
micrófono como de altofalante, facilitando asà a comunicación remota cun
visitante), inclúe almacenamento de imaxe e vÃdeo na nube, conta con visión
nocturna, pode recoller vÃdeo cunha resolución de até 1.080p, conta con
tecnoloxÃa de detección de movemento con axustes que evitan moitas falsas
alarmas e, como punto forte, aparte de poder accederse aos contidos captados
pola cámara dende o móbil tamén é controlable por Alexa, de xeito que podemos
ver directamente as súas imaxes a través dun Echo Spot, dun Scho Show ou dun
Fire TV.
Os produtos da marca Blink están dispoñibles dende España, pero polo momento
non comercializados directamente pola propia Amazon (que só fai como intermediaria),
algo que entendemos que pode mudar nos vindeiros meses, xa que cada vez son
máis os produtos que chegan ao noso territorio tirando proveito dos asistentes
de voz que se estrearon en España o ano pasado.