Blogueiros de primeira liña xúntanse dende este xoves no Arousa Turismo Blogweekend

xoves, 8 de novembro do 2012 Fernando Sarasketa

Como lembraremos, o concurso nas redes sociais lanzado pola Mancomunidade de Concellos de Arousa Norte, destinado a promover o xeodestino Rías Baixas – Ría de Arousa, rematou xa, dando paso ao #ArousaTurismo Blogweekend, xuntanza de profesionais do sector turístico. O encontro, no que están convidados os tres gañadores do concurso, desenvólvese hoxe xoves 8 e mañá venres 9 de novembro e conta coa participación de diversos blogueiros especializados no sector turístico, gastronómico e de viaxes con recoñecemento a nivel nacional. A organización do evento amosou a súa certeza en que esta acción constitúe a todas luces “un acontecemento turístico e cultural que presenta un enorme interese nos eidos local, autonómico e internacional”.
#ArousaTurismo Blogweekend é un evento organizado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, en colaboración coa Mancomunidade do Salnés (a beira sur da Ría de Arousa). Está orientado a profesionais do sector turístico con presenza na Internet e nas redes sociais e o seu obxectivo é dar a coñecer as actividades, os produtos turísticos e os recursos con maior potencial do xeodestino Rías Baixas - Ría de Arousa. Ditas actividades están relacionadas con tres dos proxectos que xurdiron dos convenios asinados polas dúas Mancomunidades (Arousa Norte e O Salnés) coa Secretaría Xeral para o Turismo en xuño de 2012: Turismo Ornitolóxico, Pegadas Invisibles na ría de Arousa e Ruta Traslatio.
O evento conta, entre outros, coa participación dos blogueiros Edurne Baines, Luís Rodríguez Hernández, Jose Miguel Redondo ou María Victoria Rodríguez. O encontro ten financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Unha maneira de facer Europa).
A continuación damos conta, punto por punto, do programa de actividades de ámbalas xornadas:
XOVES 8 DE OUTUBRO DE 2012 (O SALNÉS)
08.45 h
Saída do Parador Nacional de Turismo de Cambados.
09.30 h
Ruta Traslatio. Ruta marítima Xacobea do mar de Arousa desde Vilaxoán a Pontece-
sures.
Embarco en Vilaxoán.Vilagarcía de Arousa. A cargo da empresa de lecer naútico
Tournautic & Fishing
12.30 h
Turismo mariñero.
Ruta do porto de Cambados coa Asociación Guimatur.
14.00 h
Xantar no restaurante Quinta de San Amaro.
Meaño. Menú As Cociñas do Salnés
15.30 h
Visita guiada ó Mosteiro de Armenteira, ruta dos muíños de auga e aldea labrega.
Meis.
17.30 h
Panorámicas do Grove e a illa da Toxa
19.00 h
Visita á bodega Martín Códax. Cambados
21.30 h
Cea en restaurante Tanxil. Rianxo.
Empresa integrante da Rede de restaurantes de Arousa Norte
23.30 h
Aloxamento na casa de turismo rural Aldea os Muíños. Rianxo.
Empresa integrante da Red de aloxamento rural de Arousa Norte
VENRES 9 DE OUTUBRO DE 2012 (AROUSA NORTE)
09:00 h
Saída da casa de turismo rural Aldea os Muíños. Rianxo.
Empresa integrante da Rede de aloxamento rural de Arousa Norte
09:30 h
Visita guiada ao miradoiro de A Curota.
Panorámica do xeodestino Rías- Baixas- Ría de Arousa. A Pobra do Caramiñal.
10.00 h
Visita guiada ao miradoiro da Pedra da Ra.
Panorámica do Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de
Carregal e Vixán. Ribeira.
10:30 h
Observación de aves con guía ornitólogo na lagoa de Vixán.
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Ribeira.
12:00 h
Ruta do mexillón e visita á illa de Sálvora (Parque Nacional Marítimo Terrestre das
Illas Atlánticas de Galicia)
A cargo de Mar de Aguiño, empresa integrante da Rede de empresas de lecer de
Arousa Norte. Embarque en Aguiño, Ribeira.
14:30 h
Xantar no restaurante Miramar. Boiro. Menú bateeiro.
Empresa integrante da Rede de restaurantes de Arousa Norte
17.00 h
Visita guiada aos hórreos de Imo. Dodro.
18.30 h
Visita ao Centro Arqueolóxico do Barbanza. Boiro.
Rede de museos de Arousa Norte
19.30 h
Visita guiada á vila mariñeira e literaria de Rianxo.
21.30 h
Cea no restaurante Casa Isolina. Rianxo.
Empresa integrante da Rede de restaurantes de Arousa Norte
23.30 h
Aloxamento na casa de turismo rural Aldea os Muíños.
Empresa integrante da Rede de aloxamento rural de Arousa Norte


PUBLICIDADE