Boa resposta ante o novo servizo cartográfico do Instituto de Estudos do Territorio
luns, 21 de maio do 2012
A nova plataforma web que dende o
pasado mércores recolle a información cartográfica de Galicia a través dun
visor que recolle máis de 20.000 mapas correspondentes a 4 series cartográficas
de Galicia, rexistrou
nos seus 2 primeiros dÃas de funcionamento uns 75.000 accesos, deixando
constancia do interese público desta ferramenta en liña.
Esta iniciativa do Instituto de Estudos do Territorio permite a consulta e
descarga en formato PDF da Base Topográfica de Galicia, o Mapa de Usos do Solo de
2005, a ortografÃa do PNOA de 2009-2010 e a ortografÃa do Voo Americano do ano
1956, unha cartografÃa inédita que suporá tras 2 anos de traballo, máis de
4.000 mapas daquela época, coa toponimia actual.
A iniciativa supón un impulso á difusión simplificada con alta calidade a
través dunha plataforma desenvolvida con software libre que permite facer
buscas segundo as necesidades do usuario, xa sexa por unidades administrativas,
por coordenadas xeográficas ou por referencia catastral, entre outras. Esta
plataforma incrementará a súa base de datos pouco a pouco, ao punto que se
prevé aumentar con outros 20.000 mapas nos vindeiros meses. As novas
incorporación serán, entre outras, os produtos derivados da cobertura LiDAR, as
novas ortofotografÃas, a actualización do Sistema de Información de Ocupación
do Solo (SIOSE), o mapa forestal, e todas as derivadas dos estudos que se
encomenden ao Instituto.
