CECT lanzará en China o reloxo-móbil W100 no mes de setembro
venres, 17 de agosto do 2007
CEC Telecom presentou o reloxo
de pulso W100, que destaca por incorporar unha pantalla TFT táctil de
65.000 cores, 1 Gb de memoria T-flash para o almacenamento de datos,
conectividade Bluetooth, radio FM, cámara
de 1,3 MpÃxeles (que poderÃa ser finalmente de 2 MpÃxeles se nos fiamos da
imaxe promocional do reloxo) e un deseño colorista (vénderase en 7 cores
distintas).
Con este terminal CECT agarda acadar o recoñecemento da súa marca en China, pois
aÃnda que non poderÃa ter moita demanda, si resultará moi rechamante, pois vén
a ser o primeiro reloxo-móbil cunha aparencia aceptable, xa que presenta un
tamaño bastante reducido e discreto.
O curioso reloxo estará
dispoñible no mercado asiático en setembro, e non se coñece se chegará
pronto a Europa, pero é xa todo un exemplo de que os terminais de telefonÃa móbil
poden seguir a reducir o seu tamaño (en boa medida grazas ós sistemas de
auriculares Bluetooth) mentres que no mercado aparecen terminais con pantallas
cada vez máis grandes.