CHUWI ofrece a través de Indiegogo un ultraportátil con pantalla táctil de 8 polgadas
xoves, 20 de xuño do 2019
O fabricante chinés CHUWI volve apostar polo micromecenado
para comercializar un dos seus novos equipos, e o
seu novo MiniBook chega a Indiegogo completando a súa meta de financiamento
case ao instante, confirmando o interese do público ante esta proposta de
ordenador ultraportátil (UMPC), o que pode resultar sorprendente tras o fracaso
do formato netbook.
O MiniBook é un ordenador portátil cun volume que é practicamente a cuarta
parte que o dun portátil ordinario, facilitando asà o seu transporte, á vez que
tamén presenta unha pantalla táctil rotatoria que dota ao equipo de grande
versatilidade (de xeito que poderÃa converterse nunha tableta con só xirar a
pantalla).
O equipo de só 662 gramos ten unha pantalla de 8 polgadas cunha
resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles, 8 GB de RAM, 128 GB de almacenamento eMMC,
gráfica Intel integrada, webcam de 2 MpÃxeles, conectividade Wi-Fi AC e Bluetooth
4.0, un porto USB-C, un porto USB-A 3.0, un porto USB-A 2.0, micrófono
integrado, toma para auriculares, lector de tarxetas micro SD, saÃda mini HDMI
e rañura M.2 para unha unidade SSD (para asà poder ampliar a súa capacidade de
almacenamento) que chegará en dúas configuracións diferentes: unha básica cun
procesador Intel Celeron N4100 (de 4 núcleos) e outra máis completa cun
procesador Intel Core M3-8100Y (de 2 núcleos).
O prezo do CHUWI MiniBook cun procesador Intel N4100 partirÃa dos 429 dólares (379,50
euros), mentres que o modelo con procesador Intel Core M3-8100Y partirÃa dos
530 dólares (468,85 euros). Este equipos comezarÃan a remitirse aos seus
mecenas a partires do mes de setembro.
Este equipo de CHUWI pode adquirirse cun teclado en inglés ou en xaponés, ou
sexa, que non está dispoñible cunha disposición de teclas en español, o que para
moitos é o seu principal defecto, aÃnda que para moitos outros o seu reducido
tamaño serÃa máis un atranco que unha vantaxe, xa que Windows 10 non é un sistema
operativo que resulte especialmente cómodo en pantallas táctiles cativas.
- Ao xirar a pantalla o MiniBook pode converterse nunha tableta ou nun cómodo dispositivo de lectura
- A bisagra do MiniBook permite colocar o equipo en disposicións cómodas para o consumo de contidos
VÃdeo promocional do CHUWI MiniBook