CITIC, atlanTTic e a Cátedra R xuntan forzas para organizar en marzo o evento TalentoCibeR
luns, 19 de febreiro do 2024
O vindeiro 14 de marzo vaise celebrar un dos grandes eventos tecnolóxicos da tempada na nosa terra: a primeira edición de TalentoCibeR, do que xa adiantamos detalles dende Código Cero a semana pasada, salientando que vén da man da Cátedra R en Ciberseguridade (UVigo, UDC e a empresa R de telecomunicacións) e destacando o seu obxectivo fundamental, un obxectivo duplo: dar visibilidade ao talento en ciberseguridade de Galicia e fomentar novas vocacións situando no mesmo espazo empresas e talento. Na organización do evento atópanse dous referentes estatais e europeos en materia de investigación e desenvolvemento tecnolóxicos: o Centro de Investigación en TecnoloxÃas de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic; e Centro de Investigación TIC da UDC, o CITIC.
A xornada celebrarase como dixemos o 14 de marzo e o programa incluirá obradoiros prácticos, unha mesa coloquio e a terceira edición da competición C3TF, en formato Capture The Flag. O encontro celebrarase de maneira simultánea en Vigo, A Coruña e tamén en remoto.
Este evento conta co apoio do Facultade de Informática da Universidade Coruña (FIC), a Escola de EnxeñerÃa de Telecomunicación da Universidade de Vigo (EET), o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol e Microsoft.
Obradoiros e charlas sobre ciberseguridade
TalentoCibeR comezará coa celebración de dous obradoiros en paralelo: un dirixido ao alumnado de Ciclo de Formación Profesional (ciclos na área TIC) e outro a estudantes de graos técnicos (IA, Datos, Informática, Telecomunicacións, Industriais…).
O primeiro obradoiro, O inicio do procedemento forense informático: adquisición de evidencias en PC, móbiles e pendrives USB, estará a cargo de Rafael López GarcÃa, profesor do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol. Neste curso ensinarase como adquirir certas evidencias forenses en distintos dispositivos empregando tanto ferramentas hardware (clonadoras) como ferramentas software gratuÃtas (FTK Imager, Caine, adb, WhatsApp Key/DB Extractor, Avilla Forensics, etc). Celebrarase Sala Network do CITIC e na Aula T214 da EET.
O segundo obradoiro denominado Nova era: seguridade holÃstica en Microsoft 365 e resposta automatizada antes incidentes usando IA será impartido por Manuel GarcÃa González, arquitecto sénior de Seguridade de Microsoft. Será no CITIC e no Salón de Graos da EET. Cada seminario terá dúas horas de duración e as inscricións poden realizarse a través da ligazón habilitada.
A continuación será a mesa coloquio Empregabilidade e saÃdas profesionais de ciberseguridade na que representantes das universidades de Vigo e A Coruña, xunto a profesionais de empresas galegas, darán resposta a preguntas tales como: que futuros poden abrirse unha vez rematada a formación universitaria ou de FP, ou cales son os perfÃs nacionais e internacionais da carreira profesional en ciberseguridade, entre outras.
Finalizado o debate, o público asistente poderá intercambiar impresións cos relatores nun petisco. Será na Sala Cloud do CITIC e no Salón de Graos da EET, e tamén é preciso inscribirse previamente a través do formulario en liña habilitado.
Competición C3TF
Outra das partes importantes da xornada é a celebración da terceira edición do C3TF, unha competición en formato CTF (Capture The Flag ou Captura a Bandeira), na que os e as participantes de Bacharelato, Formación Profesional, Grao e Mestrado de centros educativos de España terán que resolver durante catro horas diferentes retos relacionados con ámbitos da ciberseguridade e no menor tempo posÃbel.
Para coñecer as condicións de participación e inscribirse no C3TF, que ten prazas limitadas, haise que rexistrar na web c3tf.io.
Repartiranse tres premios ao ciber-reto, financiados pola Cátedra R en Ciberseguridade, aos equipos gañadores: o primeiro equipo clasificado recibirá 1.000€, o segundo 700€ e o terceiro premio será de 400€.