Cámara compacta reforzada de Olympus
venres, 17 de xullo do 2009
De cara ás
vacacións de verán Olympus anunciou unha nova cámara fotográfica dixital compacta
resistente a golpes, auga e frÃo cun sensor de 12 MpÃxeles, zoom óptico de 3,6x,
pantalla LCD de 2,7 polgadas, estabilizador de imaxe dual, sensibilidade ISO de
ata 1.600 e compatible con tarxetas de memoria xd-Picture e microSD. Esta nova
cámara véndese dende este mes no Reino Unido por 299,99 libras (345,82 euros)
sendo de gardar que en breve tamén estea dispoñible no resto de Europa.
A Olympus
µ Tough-6010 resulta ideal para viaxes familiares e actividades deportivas,
xa que a súa carcasa reforzada soporta golpes e caÃdas a metro e medio de
altura, temperaturas de ata 10 graos baixo cero e somerxerse na auga ata 3
metros de profundidade.
A cámara tamén inclúe tecnoloxÃa de detección de caras que detecta ata 16
persoas, grava vÃdeo a 640 x 480 a 30 imaxes por segundo e véndese en 3 cores
distintas (gris titanio, azul turquesa e vermello lava).