Chega a 12ª edición do curso de Vitae sobre Microsoft Power BI (modelado e análise de datos)
martes, 10 de outubro do 2023
Vitae
Consultores vai ofrecer este outono unha nova edición, a número 12,
do seu curso Microsoft
Power BI: Modelado e Análise de Datos. Terá 30 horas de
duración e estenderase ao longo dos dÃas 13, 14, 16, 17, 22, 24,
27, 29 e 30 de novembro de 2023. O curso divÃdese en seccións de
explicación teórica sobre os conceptos e exercicios para poñer en
práctica os coñecementos. Segundo explica Vitae, a formación en
Power BI require coñecementos teóricos para desenvolver habilidades
co manexo da aplicación.
Esta
actividade formativa ten o obxectivo de ilustrar aos asistentes sobre
un dos recursos máis destacados e populares dos que podemos botar
man para tomar as mellores decisións nos negocios: Power BI, unha
solución formada por un conxunto de ferramentas que permiten obter
datos de moi diversas fontes, integralos e convertelos logo en
información útil e rendÃbel que pode ser compartida en eficaces
ferramentas de visualización e colaboración.
Vitae
explica que o programa do curso segue o itinerario formativo
recomendado por Microsoft para garantir a calidade dos contidos
impartidos e para capacitar aos asistentes no uso de Power BI.
Ademais,
este curso capacita para preparar aos alumnos que de maneira opcional
desexen presentarse ao exame oficial de certificación Power BI de
Microsoft.
Este
curso está dirixido a todas as persoas interesadas en aprender o
manexo de Microsoft Power BI, analistas de datos, de negocios e
persoas que queiran entrar na industria da analÃtica e que teñan
experiencia previa no uso doutras ferramentas de informes, como as
táboas dinámicas de Microsoft Excel, desexen ou non certificarse.
Ademais, este curso tamén está dirixido a quen de maneira opcional
desexen realizar o exame de certificación Microsoft PL-300 de Power
BI.
O
curso desenvolverase en formato de aula virtual con clases en directo
e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
Será
impartido por Alejandro Ayala, formador e consultor de Power BI, con
longa experiencia nesta ferramenta e en achegar recursos formativos
sobre a mesma (dende hai máis de 5 anos). Alejandro está recoñecido
como Microsoft Certified: Data
Analyst Associate, Lean SixSgmaGreen Belty e máster en
Business Intelligence e en LoxÃstica Integral. Experto en
Microsoft Power BI, Certificado MVP de Microsoft, o que o acredita
como uns dos mellores expertos recoñecidos por Microsoft en Power BI
en España, ademais impartiu formación a diversas empresas tanto a
nivel nacional como internacional. É co-organizador da comunidade
Power BI de Barcelona con máis de 1.400 membros e que organizan
eventos e relatorios de prestixio nacional e internacional.