Chega a España a Apple SIM para facilitar a contratación de plans de datos no estranxeiro
venres, 3 de xullo do 2015
Coa chegada do iPad Air 2 a compañÃa da mazá estreou tarxetas
nano SIM programables, que permitÃan a elección de operador dende a
tableta, sen ter que ir a unha tenda de telefonÃa móbil para contratar o
servizo ou mudar de operador, o que provocou bastantes problemas, pola
resistencia dos operadores a tal nivel de liberdade á hora de contratar os seus
servizos (especialmente de cara ao seu abandono) polo que Apple reorientou o
xeito de promocionar tal funcionalidade, e a Apple SIM chega a España como
unha solución para contratar tarifas de datos cando esteamos no estranxeiro.
Deste xeito, os usuarios que teñan un iPad Air 2 ou un iPad mini 3 nas súas
versións con conectividade móbil, poden agora contratar plans de datos en máis
de 90 paÃses, a través dos operadores EE, T-Mobiles e GigSky, sendo
precisamente esta última a que permite contratar plans de datos internacionais de
3, 7, 14 e 30 dÃas a uns prezos que
podemos comentar na súa páxina web. Por exemplo, no Reino Unido (e moitos outros
paÃses europeos) por 10 euros teriamos 75 MB de datos móbiles durante 3 dÃas, e
por 50 euros teriamos 3 GB de datos durante 30 dÃas, mentres que polo mesmo
prezo nos EE.UU. os datos baixarÃan a 40 MB e 1 GB respectivamente.
Estamos asà a falar dunha solución que pode resultar cómoda para usuarios que
viaxen moito e non queiran complicacións á hora de contratar unha tarifa de
datos local ocasional, pois claramente non é un servizo competitivo en prezo.