Chega a España o LG Optimus One

mércores, 6 de outubro do 2010 Marcus Fernández

LG Electronics trae a España o seu novo móbil LG Optimus One, inicialmente a través de Movistar, que grazas á contar cunhas prestacións moderadas permite a súa comercialización a prezos bastante reducidos (dende 0 euros).
O LG Optimus One funciona co sistema operativo Android 2.2 (con soporte oficial das aplicacións de Google), unha interface de usuario personalizada por LG, a aplicación LG App Advisor (que recomenda as 10 aplicacións máis puntuadas cada 2 semanas), pantalla de 3,2 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles, procesador Qualcomm a 600 MHz, cámara de 3 Mpíxeles con enfoque automático, Wi-Fi, GPS e batería de 1.500 mAh. En definitiva, un aceptable móbil con Android para quen non precisa de elevadas prestacións, pero queira contar con servizos web e gozar do inmenso catálogo de aplicacións presentes no Android Market.

PUBLICIDADE