Chega a España o Nokia 2.2
luns, 8 de xullo do 2019
Hai un mes presentouse
o Nokia 2.2 como un teléfono con Android One (o que garante actualizacións
de sistema operativo durante 2 anos e de seguridade durante 3, así como unha
experiencia de uso moi limpa) cun prezo de só 99 euros, o que podería
convertelo nun dos smartphones de entrada máis atractivos do mercado, e
aínda que a súa distribución iniciouse en mercados asiáticos, houbo que esperar
pouco para velo en Europa e por fin está á venda en España.
O Nokia 2.2 é un
smartphone sen grandes pretensións, de xeito que a súa pantalla de 5,71
polgadas confórmase cunha resolución HD+, o seu procesador é un modesto
MediaTek A22, ten só 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento (ampliable mediante
tarxetas microSD) e as súas cámaras quedan en 13 e 5 Mpíxeles respectivamente (que
na cámara traseira goza conta con tecnoloxía para captar imaxes con baixa
luminosidade). Incluso carece de lector de pegadas dixitais (aínda que si ten desbloqueo
facial), deixando claro que é un teléfono básico, cunha aparencia moderna, que
cubrirá as necesidades dun bo número de usuarios que poderán gozar da boa
experiencia de uso de Android One.
Vídeo promocional do novo Nokia 2.2