Chega a Europa o Motorola Milestone XT720 con gravación de vídeo a 720p e flash de xenon

luns, 7 de xuño do 2010 Marcus Fernández

O móbil coñecido anteriormente coma Motorola Motoroi chega a Europa baixo o nome de Motorola Milestone XT720, que destaca por ser o primeiro móbil con Android que incorpora flash de xenon acompañando á súa cámara de 8 Mpíxeles con capacidade de gravación de vídeo en alta definición a 720p (a 24 fotogramas por segundo) e con saída HDMI.
Este móbil mide 60,9 x 115,95 x 10,9 milímetros, pesa 160 gramos, incorpora o sistema operativo Android 2.1, conta cun procesador ARM Cortex A8 a 550 MHz (con aceleración gráfica dedicada), pantalla de 3,7 polgadas de 480 x 854 píxeles, batería de 1.390 mAh (cunha autonomía de 9 horas en conversa e 320 horas en espera) e lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb (inclúe unha de 8 Gb).


Anuncio do Motorola Milestone XT720

PUBLICIDADE