Chega á nosa terra o primeiro Campionato de Modelado 3D de Precisión con Móbil
luns, 19 de novembro do 2012

- De dereita a esquerda, Juan Ortiz, Santiago Moreno, Juan Casares e Juan Viaño (Foto: Alfonso SERVIMAV)
Dende
a USC, co apoio da Fundación Vodafone, anuncian
a celebración do primeiro Campionato de España de Modelado 3D de
Precisión con móbil. Promover
o enxeño científico do alumnado de 4º da ESO e bacharelato é a
meta desta proposta. Así nolo
confirmaba a sinatura de dous acordos celebrada
pasado venres 16 de novembro por parte do reitor da USC Juan Casares
e do director xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno.
Con este campionato -proxecto pioneiro da USC financiado pola
Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)- quérese
tamén dar a coñecer o manexo das TIC e a telefonía móbil mediante
unha técnica chamada fotogrametría,
coa que se poden obter modelos 3D da realidade partindo de
fotografías tiradas coa cámara do móbil mediante un programa
informático.
E
que é iso dos modelos 3D de precisión? Segundo verbas do profesor
Juan Ortiz -director do proxecto- “son figuras virtuais que
representan fielmente a realidade e que teñen múltiples aplicacións
como, por exemplo, a medición en deportes como a F1 ou o ciclismo, a
creación de efectos especiais ou a conservación do patrimonio
cultural”. Emporiso con este campionato búscase simular e
estimular a capacidade investigadora dos escolares mediante unha
competición por equipos que desenvolverán modelos 3D virtuais a
escala usando instrumental moi familiar para eles como o teléfono
móbil, un ordenador persoal e o web.
Cómpre
sinalar a outra banda que atinxe a este dobre convenio que atinxe á
renovación de Estalmat (nos cursos 2012-2013 e 2013-2014), un
programa que persegue detectar, estimular e orientar, ao longo de
dous cursos, o talento matemático excepcional duns 25 estudantes (de
12 e 13 anos) mediante unha orientación semanal con actividades
especialmente programadas para eles. Engadir que o proxecto
ESTALMAT-Galicia comezou
a implantarse en 2007 pilotado pola Facultade de Matemáticas da USC.
