Chegan a España os novos smartphones de alta gama de Huawei
martes, 20 de xaneiro do 2015
Hai máis de medio ano Huawei quixo deixar claro que optarÃa polos
acabados de calidade ao presentar o seu novo smartphone insignia, o Huawei
Ascend P7, e finalmente podemos ver este excelente terminal en España, xa
que a
partires do mes de febreiro poderá mercarse por 299 euros, o que é un prezo
bastante razoable para un smartphone 4G con pantalla de alta definición de 5,5
polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon de 4 núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de RAM,
16 GB de almacenamento interno, cámaras de 13 e 5 MpÃxeles e baterÃa de 3.000
mAh (que achega unha autonomÃa de até 8 horas de reprodución de vÃdeo).
A maiores tamén teremos esta mesma semana o Huawei Ascend Mate 7 Gold, que é
unha versión mellorada do anterior, con 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento
interno ampliables mediante tarxetas microSD e a posibilidade de empregar dúas
tarxetas SIM. Comezará a venderse en El Corte Inglés e Amazon a un prezo de 599
euros.