Chegan ao mercado os nosos encartables de Samsung
venres, 26 de agosto do 2022
Hoxe é o dÃa no que os
novos dispositivos de Samsung anunciados o pasado dÃa 10 chegan ao mercado,
de xeito que por fin poden atoparse nas tendas os móbiles encartables Galaxy Z
Fold4 e Galaxy Z Flip4, os reloxos Galaxy Watch5 e Galaxy Watch5 Pro e os
auriculares Galaxy Buds2 Pro.
Estes lanzamentos supoñen a consolidación da gama de teléfonos encartables de
Samsung, a familia Galaxy Z, que continúa sendo o grande referente no mercado
dentro deste tipo de dispositivos de gama alta, que continúan a mellorar en
prestacións ano a ano. Mentres o Galaxy
Z Fold4 mellora en apartados como as cámaras e as funcións destinadas á
produtividade, o Galaxy Z Flip4 aposta por unha maior autonomÃa e potencia,
converténdose ambos os encartables a bater pola competencia en cadanseu
formato.
Os reloxos conectados de Samsung, pola súa banda, sitúanse nunha posición sen
igual, xa que serÃan os dispositivos deste tipo con maior número de sensores de
seguimento da nosa condición fÃsica, con medicións como a tensión arterial ou a
temperatura corporal que non ofrecen nin sequera smartwatches de prezos
superiores. Desta volta a edición Pro dos reloxos de Samsung deixa claro que a
compañÃa surcoreana quere escalar postos entre os usuarios máis deportistas,
que valoran especialmente detalles como a resistencia e a autonomÃa por diante
do deseño compacto.
No caso dos auriculares sen fÃos, falamos duns accesorios que continúan a evolucionar
en aspectos como a calidade sonora e a cancelación de ruÃdo, contando agora con
funcións como detectar cando estamos a conversar para permitir escoitar ás
persoas coas que falamos sen ter que quitar os auriculares.