Cinco cadernos galegos finalistas nos Espiral Edublogs

xoves, 10 de maio do 2007 Raquel Noya

O vindeiro domingo 13 de maio terá lugar o fallo do I Premio Espiral Edublogs, un concurso ó que se presentaron preto de 180 cadernos do eido educativo e no que resultaron finalistas até 5 bitcáoras galegas vinculadas á información en distintas candidaturas.
Blogs de centro:
· Guía de Información académica e Profesional (do IES García Barbón)
· Caderno de bitácora. IES Isaac Díaz Pardo (do IES de Sada)
Blogs colectivos:
· Blogs dos Grupos de Traballo do IES García Barbón (IES García Barbón)
· A Nosa Biblioteca 3.0 (blog da biblioteca do IES As Mariñas en Betanzos). (Na fotografía).
Blogs de aula:
· Redactor dixital (do CEIP O Piñeiriño en Vilagarcía de Arousa)
Este certame, amais de servir para amosar perante a comunidade internauta as distintas maneiras de empregar os blogs e a importancia dos mesmos na Rede como elemento de comunicación e participación, resultou útil para afondar no uso das novas tecnoloxías nas aulas dos centros educativos, tanto por parte dos mestres como dos alumnos.
A proclamación e entrega dos premios será na Xornada Espiral os vindeiros 8 e 9 de xuño. A redacción de Código Cero deséxalles moita sorte a tódolos blogs veciños que traballaron arreo para estar na final do concurso.

PUBLICIDADE